
O 112 requiriu dos servizos da dotación de garda de Bombeiros Ribeira intervindo onte pola tarde xunto coa Policía Local , Protecciòn Civil Porto Do Son e Sanitarios do 061 por un accidente de tráfico con feridos na estrada AC-550, en Nebra, no Concello de Porto do Son.