
14 de novembro de 2025. A Garda Civil do Posto de Ponteceso investiga a unha muller como presunta autora de 1 delito de furto.
Os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta pola vítima nas dependencias oficiais da Garda Civil en Ponteceso, comunicando que autor ou autores descoñecidos subtraeran dous aneis de ouro,
valorando ambos en 1.000 euros e 400 euros en efectivo da súa vivenda.
A Garda Civil iniciou unha investigación en aras de constatar a veracidade dos feitos, a recuperación delos efectos subtraídos e a identificación do autor ou autores no seu caso.
Tras a análise da información solicitada, os gardas civís actuantes lograron a identificación da presunta autora do ilícito, resultando ser unha veciña de Vimianzo que realizaba labores de asistencia no fogar da
vítima e a localización das xoias subtraídas.
Tras coñecer a identidade da presunta responsable, a Garda Civil procedeu á investigación desta persoa e á recuperación dos efectos furtados, sendo estes restituídos aos seus lexítimos propietarios.
