Un choque frontal en Salgueiros (Dumbría) saldase con 2 feridos


Dúas persoas feridas nun choque frontal en Dumbría

Dúas persoas resultaron feridas este domingo nun choque frontal rexistrado na estrada AC-552, á altura da parroquia de Salgueiros, no municipio de Dumbría, moi preto xa do límite con Cee. O accidente produciuse arredor das 11.30 horas, cando un particular alertou ao 112 tras presenciar un forte impacto entre dous turismos.

A partir do aviso, o centro de emerxencias activou un operativo no que participaron os bombeiros de Cee, os servizos sanitarios de urxencias, axentes da Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil de Dumbría.

Os feridos foron evacuados para recibir asistencia médica, aínda que ningún deles precisou ser excarcerado.