
Traxedia no Morrazo a última hora da tarde de onte. Un novo motorista, duns 28 anos, perdeu a vida ao sufrir un accidente de tráfico en Moaña.
A colisión ocorreu sobre as 19:30 horas na estrada PO-551, á altura de Meira, cando por causas descoñecidas chocaron a moto e unha furgoneta.
Como consecuencia do impacto o piloto sufriu feridas fatais e faleceu no acto. Os intentos dos servizos de emerxencias para reanimar ao mozo foron infrutuosos e decretaron o falecemento no mesmo lugar.
A vítima mortal era fillo dun concelleiro do Partido Popular de Cangas. Axentes da Policía Local e da Garda Civil acudiron á zona para regular o tráfico e iniciar a investigación que determinará as causas do sinistro mortal.