
Voceiros do Espazo de Participación Infantil e Adolescente (EPIA) participaron no XIII Foro Infantil UNICEF, un encontro no que nenos e nenas de toda Galicia defenderon os seus dereitos, presentaron propostas e entregaron unha lanterna simbólica para “acender” o compromiso co benestar da infancia.
Viaxaron a Santiago de Compostela acompañados polo alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Rocío López. E foron recibidos pola Vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Elena Candia.