A Xunta adxudica por 1,2 M€ a subministración de equipamento de alta tecnoloxía para o Novo Montecelo de Pontevedra e para os hospitais comarcais de Barbanza e de Cee

A Xunta vén de adxudicar, por importe de 1.217.260 euros, a subministración de equipamento de alta tecnoloxía con destino ao Hospital Público Novo Montecelo, en Pontevedra, e aos hospitais comarcais de Barbanza, en Ribeira, e de Cee.

En concreto, a empresa General Electric Healthcare España S.A.U será a encargada do equipamento previsto en dous lotes do contrato do Servizo Galego de Saúde.

O primeiro lote, no que se contemplan dúas salas de raios X dixitais robotizadas con suspensión de teito, foi adxudicado por importe de 496.100 euros e ten como destino o novo hospital público que se está a construír en Pontevedra.

O segundo dos lotes adxudicados está composto por unha sala de raios X dixital robotizada con suspensión de teito e por un sistema dixital de radioloxía portátil, con destino a cada uno dos hospitais comarcais mencionados. O investimento total para os hospitais públicos de Barbanza e de Cee suma 721.160 euros.