O Concello de Culleredo presenta un plan de mellora de infraestruturas deportivas, cun investimento de 5 millóns de euros

O alcalde do Concello de Culleredo, José Ramón Rioboo, expuxo aos representantes dos clubes deportivas os detalles das actuacións, que responden ás súas demandas e ás necesidades detectadas

Resumo das 17 intervencións definidas no plan do Concello:

🔴 Reforma campo de fútbol do Carrizo – Portazgo

🔴 Renovación céspede campo de fútbol de Rutis

🔴 Reforma vestiarios campo de fútbol do Burgo

🔴 Novos vestiarios conxuntos en Almeiras

🔴 Reforma vestiarios campo de fútbol de Tarrío

🔴 Reforzo lumínico en campo e pavillón de Almeiras y no campo do Burgo

🔴 Novas redes e porterías de campos de fútbol

🔴 Rehabilitación integral do polideportivo de Tarrío

🔴 Instalación de marcadores electrónicos en campos e pavillóns

🔴 Reforma pistas deportivas do Parque de Alvedro

🔴 Renovación pistas deportivas Fonteculler – Av. Portazgo

🔴 Peches pistas de Avenida Xoan Carlos I

🔴 Renovación de complexo deportivo de Sésamo

🔴 Reforma integral pista deportiva de Los Olivos–Vallesur

🔴 Nova pista multideporte en Vilaboa (parque Sofía Casanova)

🔴 Melloras en cubertas de instalaciones deportivas

🔴 Melloras nos campos de chave

👉 O goberno municipal leva a proposta ao pleno municipal do vindeiro xoves 27 de novembro para obter o apoio da corporación. O montante procede dos 17 millóns de euros de remanente de tesourería, considerando que deben repercutir en actuacións de interese para a veciñanza

Ademais, o Concello complementará o plan con:

🔴 Renovación das pistas deportivas da praza Europa, a cargo do Plan Único da Deputación

🔴 Acción conxunta con Arteixo e A Coruña para renovar instalacións deportivas de Montegolf na Zapateira, co financiamento da Xunta