
A posta en funcionamento do repetidor de telefonía móbil permite xa cobertura para o operador Vodafone
, adxudicatario da licitación autonómica, e queda preparado para a posible ampliación a outros operadores
.
Este resultado culmina un proceso longo, técnico e complexo
, impulsado e coordinado polo Concello de Cee, que asumiu todas as xestións técnicas, administrativas e de obra necesarias para garantir a continuidade do proxecto e evitar novos atrasos.
Cronoloxía das actuacións impulsadas polo Concello de Cee:
Febreiro 2020: Adhesión ao convenio AMTEGA–FEGAMP, activando o procedemento para mellorar a cobertura móbil en Lires.
Decembro 2021: A Xunta concede unha subvención ao operador Vodafone para mellorar a conectividade en núcleos illados, incluído Lires.
Febreiro 2022: RETEGAL inicia os estudos técnicos de ubicación tras as xestións municipais.
Marzo 2023: O Concello tramita a adquisición dos terreos.
Maio 2023: O Concello pon á disposición de AMTEGA os terreos e autorizacións para a canalización eléctrica soterrada .
Novembro 2023: Execútanse as obras de mellora do acceso á parcela .
![]()
Novembro 2024: Instálase a torreta de telefonía móbil .
2024–2025: Xestión ante Costas, Patrimonio e outros organismos dos permisos necesarios .
![]()
24 de novembro de 2025: Lires conta ao fin con cobertura móbil .