O Concello de Laxe convida a todas as familias a participar nun novo obradoiro cultural!

O vindeiro 4 de decembro ás 18:30 h, no Local Social Valle Inclán, celebrarase o Obradoiro de Ramas Literarias, unha actividade creativa e divertida pensada para nenas e nenos de 6 a 11 anos 🎨📝🌿

Para poder asistir, é necesaria inscrición previa no teléfono 981 706 967 📞 ou no correo biblioteca@laxe.es

💌

Unha proposta organizada dentro do programa Actividades da Biblioteca da Deputación 2025-2026, coa colaboración da nosa Concellería de Comercio, Hostalería, Turismo e Cultura, dirigida por Raquel 🤝💙