
As obras, xa rematadas, son o inicio dun camiño que se seguirá ampliando co fin de conectar o Anllóns co Couto.
![]()
O obxectivo é resaltar o valor e potenciar un dos elementos naturais máis característicos do municipio para que os veciños e as veciñas poidan gozar del.
O alcalde, José Manuel Mato, agradeceu «á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a súa colaboración, imprescindible, para facer realidade un proxecto que destaca a riqueza e beleza do Anllóns».