O Concello de Ponteceso ten en marcha un plan de limpeza de cunetas que se levará a cabo en todo o termo municipal.

Ao longo dos últimos días, estes labores realizáronse na contorna da praia da Ermida e en Santa Cruz (Cores). Porén, os traballos continuarán ao longo do outono e inverno e en todo o 📍 concello.

Estas tarefas estanse executando grazas á colaboración da 🤝🏻Xunta de Galicia, que nos concedeu unha axuda para a compra dunha escavadora que nos está permitindo desenvolvelas.

🗣️ O alcalde, José Manuel Mato, incide na importancia destes traballos, «esenciais para garantir a boa conservación das vías e para reforzar as condicións de seguridade viaria».