Laxe da o pistoletazo de saida o nadal

O Concello de Laxe Recorda que esta tarde celebrase o acendido das luces, un momento moi especial que marca o inicio de todas as actividades e actuacións que terán nos vindeiros días no II Nadal Musical.

🎄

 Ás 19:00h prendemos a maxia do Nadal na Praza Ramón Juega, e para quentar o ambiente contaremos cunha gran chocolatada con churros, perfecta para disfrutar en familia, en parella ou con amizades.

🕺

 E ás 19:30h continúa a festa cun baile social coa música do dúo Veneguay, para que ninguén quede sentado!

Este é só o comezo dun programa cheo de maxia, música, teatro, verbena, actividades para nenos e nenas… e moito espírito festivo que nos acompañará durante todo o mes. Queremos vivir o Nadal xuntos, con alegría, ilusión e participación.