

O GES de Muros e a ONG IAE recibiron está mañá na Academia Galega de Seguridade Pública a medalla de Prata o Mérito pola súa axuda na DINA de Valencia no 2024.
Asistiron o acto, celebrado na Estrada, Sandra Maneiro, concelleira de Seguridade Cidadá de Muros, Manuel Lago, Pedro Riveiro e Miguel Montero.
«Foi un placer asistir en representación do Concello de Muros a este recoñecemento tan merecido; quero darlle as gracias os membros do GES de Muros pola sua labor e por estar sempre dispoñibles para axudar en aqueles sitios onde máis os necesitan», asegura Sandra Maneiro.
Recolleu a distinción para o GES Manuel Lago García (Marulo), e a medalla para a ONG IAE recolleuna Miguel Montero Sierra.