
Nun marco incomparable como o do Parador de Turismo da Costa da Morte, en Muxía, técnicos, especialistas e representantes da Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía (@fisterramuxia.camino), reuníronse o sábado, 13 de decembro, para abordar os retos que se lle expoñen de cara ao Xacobeo 2027 no que foi o terceiro Foro de internacionalización deste roteiro xacobeo.
Negreira estivo representada polo alcalde, 𝐌𝐚𝐧𝐮𝐞𝐥 𝐀́𝐧𝐠𝐞𝐥 𝐋𝐞𝐢𝐬 𝐌𝐢́𝐠𝐮𝐞𝐳, vicepresidente da asociación promotora, ademais de 𝐉𝐨𝐬𝐞́ 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧𝐢𝐨 𝐕𝐢𝐥𝐥𝐚𝐫 𝐂𝐚𝐚𝐦𝐚𝐧̃𝐨, concelleiro de Turismo. Contouse un ano máis coa colaboración da Deputación da Coruña, representada polo seu vicepresidente e titular de Turismo, 𝐗𝐨𝐬𝐞́ 𝐑𝐞𝐠𝐮𝐞𝐢𝐫𝐚 e mailo deputado, 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧𝐢𝐨 𝐋𝐞𝐢𝐫𝐚.
Salientamos a entrega do galardón “Ti fas Camiño”, que recoñece a defensa dos valores esenciais da ruta xacobea hacia Fisterra e Muxía e, que este ano recaeu na Asociación de veciños San Brais, de A Ponte Maceira (Negreira e Ames), recolléndoo o seu presidente, 𝐉𝐮𝐚𝐧 𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐁𝐞𝐫𝐝𝐮𝐥𝐥𝐚𝐬 𝐕𝐢𝐞𝐢𝐭𝐨 quen mostrouse “orgulloso” de representar a unha veciñanza que sinalou “un día por unha enchente do río decidimos unirnos e facer unha asociación”, ao tempo que salientou que o Camiño “temos que usalo e desfrútalo, pero non gastalo porque o Camiño estáse facendo en autobuses e enchendo sitios que non están preparados para moitas visitas”, afirmou.
Os asistentes ao III Foro de internacionalización do Camiño de Fisterra-Muxía puxeron en común cuestións que afectan o futuro do colectivo desde distintos puntos de vista, sobre todo nos ámbitos da calidade, a sustentabilidade e a innovación cultural e a través de novas fontes de financiamento.