Mercado de Nadal na Baña

O pavillón municipal de San Vicenzo acolleu este 📆 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨, 𝟏𝟒 𝐝𝐞 𝐝𝐞𝐜𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨, unha nova edición do Mercado de Nadal, una cita xa consolidada na que houbo 🍪 𝐩𝐨𝐬𝐭𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬𝐚𝐧𝐢́𝐚 𝐞 𝐥𝐚𝐫𝐩𝐞𝐢𝐫𝐚𝐝𝐚𝐬, 🎶 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐦𝐮𝐬𝐢𝐜𝐚𝐢𝐬, ✂️ 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐨𝐮 🎭 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜𝐭𝐚́𝐜𝐮𝐥𝐨𝐬.

👧🧒 O público familiar foi o máis numeroso. A cativada gozou de 𝐱𝐨𝐠𝐨𝐬 𝐭𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐢𝐬 e puido facerlle as súas peticións tanto a 🎅 𝐏𝐚𝐩𝐚́ 𝐍𝐨𝐞𝐥 como ao 𝐀𝐩𝐚𝐥𝐩𝐚𝐝𝐨𝐫.

🤝 Destacou a presenza do tecido asociativo local. Ademais das agrupacións da Escola de Música Tradicional, participaron no mercado a SD A Baña, a Afa Cpi San Vicente e o alumnado de 4º de ESO, que recadou fondos para a ✈️ excursión de fin de curso.

✉️ A cita serviu tamén para dar a coñecer as 🏆 gañadoras do Concurso de Postais de Nadal en galego. Parabéns a:

✔️ Saínza Fajín

✔️ Carlota Amarelle

✔️ Valentina García

✔️ Paula Mourelle

O ☕️ chocolate quentiño e as 𝐟𝐢𝐥𝐥𝐨𝐚𝐬 𝐝𝐚 𝐩𝐞𝐝𝐫𝐚, entre outras moitas larpeiradas, fixeron a delicia dos presentes ao longo da xornada.