
Esta é a programación completa da fin de semana no Mercado Artesán de Nadal de Baio!
.
Dous días cheos de artesanía, cultura, música, maxia, obradoiros e actividades para todos os públicos, nunha cita pensada para gozar do Nadal e dinamizar a vila.
.
Ademais, lembra que comprando no comercio local de Baio tamén participas no sorteo de 1.700€, unha iniciativa para apoiar o comercio de proximidade e premiar ás persoas que apostan polos establecementos da vila.
.
Achegádevos ao Mercado Artesán de Nadal, participade nas actividades e facede as vosas compras en Baio.
.
Un plan completo para vivir o Nadal, apoiar o comercio local e gozar en familia. ![]()
![]()