

O Concello de Malpica ven de executar actuacións de mellora en camiños municipais nas zonas de 𝐎 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐞𝐥𝐨 (𝐁𝐚𝐫𝐢𝐳𝐨) 𝐞 𝐀 𝐗𝐞𝐬𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 (𝐂𝐚𝐦𝐛𝐫𝐞), cun investimento total de 𝟕𝟔.𝟑𝟔𝟎,𝟔𝟔 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬.
Estas actuacións están incluídas no 𝐏𝐥𝐚𝐧 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐦𝐢ñ𝐨𝐬 𝐑𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬 𝟐𝟎𝟐𝟓-𝟐𝟎𝟐𝟔 da 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚, un programa destinado a reforzar as infraestruturas viarias no medio rural e a garantir unhas comunicacións máis seguras e eficientes para a veciñanza.
Os traballos realizados permitiron mellorar o estado do firme, incrementar a seguridade viaria e facilitar o acceso ás vivendas e parcelas destas zonas, contribuíndo así á mellora da calidade de vida da poboación e ao mantemento do territorio.
Un Concello a deriva pola inacción dos seus gobernantes
Todas as parroquias do Concello de Malpica presentan numerosas deficiencias en diferentes ámbitos. A inacción por parte do goberno municipal durante a presente lexislatura resulta evidente, unha situación que xa se viña arrastrando en etapas anteriores, incluída a etapa de goberno do Partido Socialista, que non supuxo unha mellora significativa con respecto ás políticas desenvolvidas polo Partido Popular.
O Concello de Malpica carece dun PXOM aprobado e mesmo redactado, a piscina municipal permanece pechada, non se dispón dun centro de día e a iluminación pública na maior parte das parroquias é insuficiente e deficiente. Así mesmo, obsérvase unha falta de mantemento xeral, reflectida no estado das beirarrúas, que presentan un elevado nivel de suciedade.
O polígono industrial constitúe na actualidade unha actuación inacabada e sen utilidade real, converténdose nunha obra sen finalidade efectiva. Ademais, existen obras municipais que presentan posibles irregularidades, como o muro de Santiso, que non respecta o retranqueo regulamentario, ou a actuación realizada na Campa da Osa, en Buño, cuxa deficiente execución está a provocar problemas de drenaxe, coa aparición de filtracións de auga en distintos puntos.