O alcalde de Santa Comba volve xerar polémica coa súa promesa de “recuperar a movida” mentres propón converter pubs en vivendas

O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, volveu situarse no foco do debate político e social do municipio tras recuperar unha das súas promesas electorais máis simbólicas: “traer de volta a movida á noite xalleira”, en referencia á intensa vida nocturna que caracterizou á localidade durante décadas. Non obstante, aquela declaración perde forza á vista das últimas propostas do goberno local, que contempla agora a posibilidade de reconverter os pubs en baixos vivenda. A iniciativa xustifícase nun incremento poboacional de arredor de 150 persoas, a pesar de que unha parte significativa do parque inmobiliario —preto da metade das vivendas— continúa baleira.