LIMPEZA SIMULTÁNEA EN PRAIAS E RÍOS EN LAXE

20 persoas voluntarias participaron na limpeza da praia de Traba, retirando 392 kg de lixo mariño en pouco máis de dúas horas ♻️🌊

Unha iniciativa impulsada por @izanvoluntario que demostra que a acción colectiva marca a diferenza 💪🌍

Gracias a todas as persoas participantes e tamén ao alcalde Paco Charlín, ao concelleiro de Medio Ambiente e á concelleira Raquel polo seu apoio 👏

💙 Non é o noso lixo, pero si é o noso planeta.

Limpieza na praia de Area Maior en Malpica

Na mañá do sábado, a asociación Limpocean levou a cabo unha limpeza na praia de Area Maior, contribuíndo á conservación do noso litoral e á protección do medio natural.

Dende o Concello de Malpica de Bergantiños queren agradecer o seu compromiso e o traballo realizado, así como a implicación de todas as persoas voluntarias que participaron nesta iniciativa tan necesaria.