Un camioneiro sufre un infarto na estrada que une Ponteceso con Anllóns

Un camioneiro sufriu un infarto na estrada que une Ponteceso con Anllóns. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local de Ponteceso e unha ambulancia, que trasladou o condutor a un centro hospitalario. Segundo indican veciños da zona, o home xa foi evacuado. Polo momento descoñécese a gravidade do seu estado de saúde e se se atopa con vida. O suceso tivo lugar arredor das 13:45 horas.