

os Domingos é a nova longametraxe dirixida por Alauda Ruiz de Azúa.
Los Domingos conta a historia de Ainara, unha moza de 17 anos que, no momento de decidir o seu futuro académico, sorprende á súa familia ao expresar o seu desexo de ingresar nun convento de clausura.
A película vén avalada por unha extraordinaria acollida en festivais.
Dende a concellería de Cultura, Caridad González sinala que «Los Domingos é unha película valente e necesaria, que convida á reflexión e ao diálogo arredor de temas complexos desde unha ollada honesta e sensible. É un exemplo do cinema contemporáneo de calidade que queremos achegar ao público de Muros, dentro dunha programación estable e coidada».
Sesións:
– Venres, 16 de xaneiro ás 20:30 h
– Sábado, 17 de xaneiro ás 20:30 h
– Domingo, 18 de xaneiro ás 19:00 h
200% Wolf: Pequeno gran lobo é unha divertida e emocionante película de animación.
Freddy Lupin, o caniche máis valente do cinema, regresa cunha misión chea de acción e emoción. Tras pedir un desexo que nunca imaxinou que se faría realidade, Freddy consegue transformarse nun gran lobo, pero a cambio pon en perigo a vida do seu novo amigo Moopoo, un espírito lunar.
Sesións:
Sábado, 17 de xaneiro ás 17:00 h
Domingo, 18 de xaneiro ás 17:00 h
Entradas para as dúas películas dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Muros ou nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.