
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O pasado mes de novembro tivemos coñecemento dun proxecto de central
hidraúlica reversible en Montemaior, ó cal se lle concedeu unha subvención do IDAE
de 40 millóns de euros.
A información que se deu a coñecer por parte do Goberno Central foi tan excasa,
que nin sequera se concretaba na documentación cal era o concello onde se ía
instalar, nin tampouco que recursos hídricos se ían utilizar ou cal sería a zona
afectado, entre outras moitas cuestiónss fundamentais.
En decembro o tema chegou ó Senado, da man da Senadora do BNG Carme da Silva,
que demandou do representante do Ministerio a ampliación desta información.
Grazas a isto puidemos saber que, efectivamente, se prevé a instalación da central
no noso concello, a cal pretende contar con duas balsas que se encherán con auga
traída doutro lugar máis sen espeficicar nin de onde, nin a zona de afectación, e
dicir, practicamente nada do groso do proxecto.
Ante esta situación o Grupo municipal do BNG da Laracha formula a seguintes
preguntas:
- Recibiu información o Concello sobre este proxecto desde o Ministerio de
Transición Ecolóxica? - Cando se ten previsto abrir o prazo de exposición pública para permitir coñecer
o proxecto e facer alegacións?
3Cal é a postura do Concello da Laracha ante este proxecto?-