
O alcalde, José Manuel Mato, felicitou á gañadora do galardón e anunciou que se levarán a cabo novas convocatorias ao longo do 2026 tras a excelente acollida da iniciativa.
A campaña, que arrancou en decembro e rematou o 5 de xaneiro, contou cun
cento de establecementos adheridos e unha espectacular resposta da veciñanza.
O primeiro edil agradeceu a implicación dos comerciantes, pois sen o seu «esforzo e a súa dedicación non sería posible pór en marcha unha iniciativa destas características».