A Borrasca Ingrid deixa varias incidencias no Concello de Laracha

O paso da borrasca Ingrid provocou incidencias no municipio nas últimas horas.

📍 En Caión, o vento causou a caída da pantalla xigante informativa da Praza Eduardo Vila Fano.

🚗 Sobre a estrada do Outeiro, en Caión, caeron dúas árbores que foron retiradas a primeira hora da mañá polos servizos municipais. Non houbo danos persoais nin materiais. Na rede viaria caeron algúns sinais verticais e paneis informativos que están a ser repostos progresivamente.

🎾 No complexo deportivo municipal da Laracha resultou danada unha das pistas de pádel ao levantarse parcialmente o céspede sintético, unha incidencia que foi reparada inmediatamente como pode apreciarse nas imaxes.