O Alcalde de Mazaricos quere aclarar o futuro do centro de saude e falou o mércores 21 co xerente da Área Sanitaria de Santiago-Barbanza para aclarar a situación

Ante os rumores sobre o futuro do noso centro de saúde, o alcalde falou o mércores 21 co xerente da Área Sanitaria de Santiago-Barbanza para aclarar a situación.

✅ INFORMACIÓN CONFIRMADA:

• A praza da doutora María Iglesias NON se amortiza (non desaparece)

• Está temporalmente sen cubrir, xa que aínda ninguén a pediu como destino

• Cando algún profesional a solicite, volverase á normalidade

• Mentres, as cartillas repártense entre o resto de facultativos do centro

👁️ O CONCELLO MANTÉNSE VIXILANTE:

• Non consentiremos NINGUNHA redución de facultativos no centro

• Seguimos esixindo á Consellería de Sanidade:

🔹 Servizo de pediatría a tempo completo

🔹 Presenza de matrona para evitar desprazamentos ás veciñas