
O goberno local levará este venres, 30 de xaneiro (20:00 horas), a pleno a proposta para a súa aprobación.
No Plan Único 2026 destínanse 481.000 euros a gasto corrente e á humanización da rúa Médico Tomás Artaz con Alcalde Noguera Patiño.
No Plan Complementario incluíronse oito proxectos que suman 518.588 euros:
Plan Milleira (fase 2 e 3).
Substitución e mellora das características térmicas das carpinterías exteriores da Casa do Mar de Camelle.
Acondicionamento dunha estancia para actividades culturais na Casa do Mar de Camelle.
Fase 1 e a 2 da reparación do pavimento e ampliación do ancho na pista a Mourín.
Reparación do pavimento na pista da Grixa.
Reparación do pavimento na Rucheira.