Arrincou en Zas o programa “Reto Rural Dixital” da Cruz Roja

Onte deu comezo no noso concello o curso “𝐏𝐫𝐢𝐦𝐞𝐢𝐫𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐬𝐨𝐬 𝐜𝐨 𝐭𝐞𝐮 𝐝𝐢𝐬𝐩𝐨𝐬𝐢𝐭𝐢𝐯𝐨”, cun total de 12 persoas participantes, unha formación práctica pensada para gañar autonomía no uso do móbil e das novas tecnoloxías.

📌 Hoxe deu comezo tamén o curso “𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞 𝐜𝐨𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐧𝐚 𝐫𝐞𝐝𝐞”, que conta con 24 persoas inscritas, confirmando o grande interese e a boa acollida desta iniciativa.

Dende o Concello de Zas seguimos apostando por iniciativas que fomenten a inclusión dixital, a aprendizaxe continua e o acceso ás novas tecnoloxías para todas as idades, coa colaboración de entidades como a Cruz Roja.