ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 2026 DO QUINTEIRO DE BUÑO

  • Data da Asamblea: 31/01/2025
  • Hora da primeira e segunda convocatoria: 10:30 h. / 11:00 h.
  • Lugar da Asamblea: Centro de Artesanía e Tradición (CAT) – A Camposa

Doña María Begoña Castro Souto, Presidenta da Asociación de Veciños e Socio-Cultural O Quinteiro de Buño, pola presente, CONVOCA a tódalas persoas asociadas da asociación á ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 2026 na data, horas e lugar arriba indicados para tratar a seguinte ORDE DO DÍA:

  1. APERTURA DA ASAMBLEA: Benvida da Presidenta e verificación do quórum.
  2. INFORME DE ACTIVIDADES REALIZADAS NO ANO 2025.
  3. INFORME E APROBACIÓN DO PLAN DE ACTIVIDADES, INVESTIMENTOS E ORZAMENTOS PARA O ANO 2026, se procede.
  4. EXAMEN, INFORME E APROBACIÓN DAS CONTAS ANUAIS DO ANO 2025, formadas pola Conta de Resultados, Balance de Situación e Memoria formuladas segundo o Real Decreto 1491/2011, de 24 de outubro, polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade a entidades sen fines lucrativos, se procede.
  5. APROBACIÓN DAS NOVAS COTAS DE ASOCIADOS PARA 2026, se procede.
  6. APROBACIÓN DA XESTIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DURANTE O 2025, se procede.
  7. ACEPTACIÓN DA RENUNCIA DO VOGAL 1 E DA VOGAL 3 DA XUNTA DIRECTIVA E ELECCIÓN DE NOVOS/AS VOGAIS 1 E 3, se procede. Achégase con esta convocatoria o ANEXO 1 de información e presentación de candidaturas ambas vogalías da Xunta Directiva.
  8. ROGOS E PREGUNTAS

Descarga CONVOCATORIA DA ASABLEA XERAL 2026 e ANEXO I DE CANDIDATURA A VOGAL 3

Toda a documentación relacionada cos asuntos da orde do día (incluindo Contas Anuais 2025) poranse á disposición dos asociados segundo o indicado no artigo 14 dos Estatutos, é dicir: cunha antelación mínima de 15 días, mediante correo electrónico para os asociados/as que o proporcionasen e chamando ao teléfono 663.605.205 para solicitar unha copia en papel para quen así o solicite.

GRAN COCIDO E BAILE

  • Día e hora: 31 de xaneiro do 2026 ás 15:00 horas
  • Lugar: Restaurante Canta la Rana (Buño)
  • Precio (gran COCIDO e baile co gran Eric Hidalgo, ex-cantante de Os Satélites):
    – Socios /as…………………………….35 Euros.
    – NON Socios /as………………………38 Euros.
    – Nenos/as < 13 anos………………….15 Euros.
    (croquetas, milanesa, bebida, e postre)
  • Inscrición e pago: ata completar as prazas limitadas ou ata o 25 de xaneiro.

ENTRADAS ESGOTADAS

Esgotáronse as entradas, non se admiten máis inscricións. Gracias!.