
A Xunta de Galicia asinou un convenio co Concello de Santa Comba para impulsar a construción de vivenda protexida en solo municipal dentro do Programa de oferta de solo das entidades locais.
O acordo foi formalizado pola conselleira María Martínez Allegue xunto co alcalde Alberto Romar (Grazas a Mediación da ex – Alcaldesa do pp María Pose). A través deste convenio:
- Poñerase a concurso público unha parcela municipal de 159 m² na rúa Alcalde Pereira.
- Prevese a construción dun edificio de baixo máis tres plantas con arredor de 6 vivendas protexidas.
- As vivendas poderán destinarse tanto a alugueiro como a venda.
O Instituto Galego de Vivenda e Solo encargarse de tarefas técnicas como:
- Publicación dos solos dispoñibles
- Redacción dos pregos e licitación
- Avaliación das ofertas
Os concellos só deberán achegar a información das parcelas e resolver a adxudicación.
O Goberno galego segue sumando colaboración con máis concellos, tras os rubricados cos municipios das Pontes, A Arnoia, Friol, Valdoviño, O Valadouro, Ordes e Verín.
Segundo a Xunta, o programa xa conta con acordos con outros municipios galegos e o prazo para que novos concellos se adhiran permanece aberto sen límite temporal.