Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN) Santiago e Galicia amosan apoio aoblindaxe das pensións públicas

Santiago de Compostela. O coordinador de UCIN en Santiago de Compostela, Diego
Adrián Mallo, xunto co coordinador autonómico de UCIN Galicia, José Luis Calo,
expresou publicamente o respaldo da formación ás iniciativas orientadas a garantir a
protección e estabilidade do sistema público de pensións, nun contexto económico que
cualificaron de “complexo e marcado pola incerteza”.


Mallo sinalou que a defensa das pensións constitúe “unha cuestión de responsabilidade
institucional e de compromiso coa cidadanía”, incidindo na necesidade de asegurar
prestacións dignas e suficientes para as persoas maiores. Ao seu xuízo, trátase non só
dunha resposta a unha demanda social, senón tamén dun exercicio de xustiza
interxeracional que debe implicar ao conxunto das forzas políticas.


Desde UCIN subliñan que o sistema público de pensións é un dos piares fundamentais
do Estado do Benestar e consideran prioritario adoptar medidas que reforcen a súa
sustentabilidade a longo prazo. A formación aposta polo diálogo político e social como
ferramenta clave para acadar consensos amplos que garantan estabilidade normativa e
eviten que esta cuestión “se converta nun elemento de confrontación partidaria”.


O coordinador local fixo tamén un chamamento á participación cidadá nos debates
abertos arredor do futuro das pensións, defendendo que “a súa protección afecta tanto ás
xeracións actuais como ás futuras, polo que require implicación colectiva e visión de
país”.


Con este posicionamento, UCIN reafirma o seu compromiso coa defensa dos servizos
públicos e coa adopción de políticas orientadas a ofrecer seguridade e estabilidade ás
persoas pensionistas.