
A 30ª edición do Rally da Coruña celébrase esta fin de semana cun completo programa que combinará espectáculo urbano e tramos esixentes pola comarca.
A cerimonia de saída terá lugar mañá venres 27 ás 19:00 horas en O Parrote, na cidade da A Coruña. A continuación disputarase o tramo urbano “TC1 – Castelo de San Antón”, dun quilómetro de percorrido, que discorrerá polas inmediacións do Castelo de San Antón, o Hospital Abente y Lago e a torre de control marítimo, ofrecendo un primeiro contacto espectacular para afeccionados e participantes.
Xa o sábado, a competición arrancará ás 08:30 horas desde The Style Outlets. Ao longo da xornada disputaranse once tramos cronometrados por distintos puntos da comarca: Betanzos–Coirós, Aranga, Oza–Cesuras, Cerceda e A Laracha–Culleredo, configurando un percorrido variado e técnico.
A chegada do primeiro participante ao parque pechado, situado na Praza de María Pita, está prevista para as 20:30 horas do sábado, onde se porá o broche final a unha intensa fin de semana de motor.