O Concello de Ponteceso continúa coa súa campaña campaña de limpeza de cunetas de camiños de titularidade municipal

O Concello de Ponteceso continúa coa súa campaña campaña de limpeza de cunetas de camiños 🚜 de titularidade municipal.

Estes días estase actuando nas parroquias de 📍 Tella, Corme aldea e Xornes e a previsión é continuar os labores en Brantuas proximamente.

🗣️ O alcalde, José Manuel Mato, incide en que estas actuacións son esenciais para reforzar «as condicións de seguridade viaria e garantir que as vías estean nas mellores condicións posibles de cara á chegada da primavera».