Febreiro Saldase con 3 cans roubados en Malpica

Unha posible banda organizada estaría a actuar na comarca da Costa da Morte, tras rexistrarse varios roubos de cans no concello de Malpica durante o mes de febreiro.

Segundo veciños da parroquia de Leiloio, dúas mascotas desapareceron en circunstancias semellantes. Nun dos casos, todo apunta a que alguén abriu a cancela dunha vivenda particular, permitindo a saída dos animais, que desde entón non volveron aparecer.

Un terceiro caso produciuse en Buño, onde residentes alertaron da presenza dunha furgoneta de grandes dimensións merodeando pola zona arredor das 23:00 horas. Pouco despois, confirmouse a desaparición dun can.

Veciños da zona amosan preocupación ante a posibilidade de que se trate dunha rede organizada dedicada ao roubo de animais, polo que piden extremar as precaucións, reforzar peches e avisar de inmediato ás autoridades ante calquera movemento sospeitoso.