
Unha percebeira perdeu a vida este martes en Porto do Son tras ser arrastrada por un golpe de mar mentres traballaba entre o Castro de Baroña e O Farito.
O 112 Galicia recibiu o aviso poucos minutos antes das dez da mañá. A muller foi rescatada da auga pouco despois e trasladada nunha planeadora ao porto máis próximo, pero xa sen vida.
No operativo participaron ou foron alertados distintos servizos de emerxencia, entre eles Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Garda Civil, Policía Local e o 061.