O XIX Festival de Clausura da Escola Municipal de Música de Laxe está ao virar da esquina!

Cando? Sábado 21 de xuño

🕕 Hora? Ás 18:00 h

📍 Onde? No Salón de Actos

As rapazas e rapaces de Laxe levan todo o curso preparándose con moita ilusión para amosarvos o aprendido. Será un momento moi especial para apoiar a cultura local e poñer en valor o traballo da Escola Municipal de Música 🎼❤️

👉 Non faltes! Vémonos o 21 de xuño para pechar o curso cun broche de ouro!