O fútbol feminino protagonista en Malpica

O campo municipal de Xaviña acolleu onte unha xornada de portas abertas de fútbol feminino, organizada pola UD Cerqueda, na que participaron numerosas nenas e rapazas do municipio.

A actividade contou coa presenza das xogadoras Elena Vázquez e Inés Pereira, do Deportivo ABANCA, que compartiron a súa experiencia coas participantes e animaron ás máis novas a achegarse a este deporte 💪

Ata o campo de Xaviña achegáronse tamén o alcalde, Eduardo Parga; a concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro; e o tenente de alcalde, Miguel Fernández, para amosar o seu apoio a esta iniciativa.

Desde o Concello de Malpica de Bergantiños seguimos apostando polo deporte base e pola promoción da igualdade no deporte.