EXCURSIÓN A ALLARIZ E PAZO DE OCA – 26 ABRIL – ABERTAS INSCRICIÓNS (Quinteiro de Buño)

Organiza: Asociación de Veciños O Quinteiro de Buño

📅 Domingo, 26 de abril de 2026

Voltamos de excursión e, desta vez, vai ser unha auténtica marabilla ✨

Imos visitar Allariz, unha das vilas máis fermosas do país, cun impresionante conxunto histórico-artístico. Despois, gozaremos dun xantar nun restaurante da zona e, pola tarde, visitaremos os fermosísimos xardíns do Pazo de Oca, coñecido como o “Versalles Galego” 🌸

Vai ser unha xornada moi completa, de paseo, patrimonio, natureza e excelente compañía.
Anímate e apúntate! As prazas son limitadas.

📌 Data límite de inscrición: 19 de abril de 2026
(ou ata completar prazas)


🚌 ITINERARIO DA VIAXE

⏰ Saída

Praza de Buño ás 08:00 h

🌄 Mañá: ALLARIZ

Ao chegar, unha guía oficial estará agardando polo grupo para facer unha visita polo seu fermoso Conxunto Histórico-Artístico, descubrindo algúns dos seus lugares máis emblemáticos ás beiras do Río Arnoia, como:

  • o Convento de Santa Clara
  • o barrio xudeu
  • algúns dos seus museos
  • os seus xardíns e rúas con encanto

🍽 Mediodía

Xantar en restaurante da zona

🌺 Tarde: PAZO DE OCA

Pola tarde visitaremos os xardíns do Pazo de Oca, coñecido como o “Versalles Galego” pola espectacular beleza dos seus espazos.

Teremos tempo libre para admirar:

  • os seus estanques con forma de barco
  • os xardíns ornamentais
  • os labirintos
  • os seus fermosos deseños de auga e pedra

🏠 Volta a Buño

Saída do Pazo de Oca arredor das 19:00 h, para estar en Buño entre as 20:30 e as 21:00 h


💳 INSCRICIÓN, PREZOS E FORMAS DE PAGO

👥 PREZOS

  • Socios/as: 60 €
  • Non socios/as: 65 €

✅ O prezo inclúe:

  • transporte en autocar
  • guía oficial en Allariz
  • entrada aos xardíns do Pazo de Oca
  • xantar en restaurante da zona
  • seguro de asistencia en viaxe
  • IVE

💳 PAGO CON TARXETA OU BIZUM

  • CLICK AQUÍ PARA PAGO CON TARXETA OU BIZUM – PREZO SOCIOS
  • CLICK AQUÍ PARA PAGO CON TARXETA OU BIZUM – PREZO NON SOCIOS

📌 Importante:
Podes inscribir a outras persoas poñendo o seu nome nos datos do pago.


🏦 PAGO POR TRANSFERENCIA

  • IBAN beneficiario: ES90 0049 7141 0229 1000 7300
  • Nome beneficiario: Asociación de Veciños O Quinteiro de Buño
  • Concepto: EXCURSIÓN ALLARIZ + nome da persoa que viaxará
  • Importe:
    • 60 € socios/as
    • 65 € non socios/as

💶 PAGO EN EFECTIVO

De momento non dispoñible


ℹ️ OUTRA INFORMACIÓN

👨‍👩‍👧‍👦 Dirixido a:

Todos os públicos (socios/as e non socios/as)

⚠️ Prazas limitadas

👥 Cupo mínimo:

É necesario un mínimo de 35 persoas inscritas para poder realizar a excursión.
No caso de non chegar a ese número, a actividade cancelarase e devolverase o importe da inscrición.

📞 Información e contacto:

🖼 Cartel e actualización de información:

EXCURSIÓN A ALLARIZ E PAZO DE OCA – 26/04/2026


💙 RENOVACIÓN COTA SOCIO 2026-2027

Lembrámosche que tamén podes renovar a túa cota de socio para o ano 2026 e adiantar a do 2027 en:

RENOVACIÓN COTA SOCIO