Malpica non precisa propaganda: precisa xestión, prioridades e respecto polos veciños

A Xunta de Galicia e o PP de Malpica, coa complicidade do BNG, pretenden levar adiante unha glorieta valorada en 330.000 euros na nosa vila mariñeira, mentres os problemas reais do concello seguen sen solución.

Malpica continúa sen PXOM aprobado, sen unha planificación seria de futuro.
A piscina municipal segue pechada.
O centro de día tamén permanece pechado, nun contexto marcado por un suposto intento de enchufismo que nunca foi aclarado como merece a veciñanza.

Mentres tanto, a realidade do día a día é evidente para calquera persoa que viva ou pasee polo concello:

  • Farolas rotas
  • Estradas cheas de buratos
  • Espellos viarios en mal estado ou inutilizados
  • Abandono dos colexios e centros sociais
  • Falta de mantemento xeral nas parroquias

Hai tamén cuestións estruturais que levan anos sendo símbolo do abandono institucional:

  • O polígono industrial fantasma
  • A marxinación das parroquias
  • Especialmente en lugares como Barizo e Cerqueda, das máis castigadas pola falta de atención municipal

E mentres se gastan centos de miles de euros nunha glorieta, as demandas máis básicas dos veciños seguen sen atenderse:

  • Un punto limpo digno
  • Que os operarios do concello cumpran cos días pactados na recollida
  • Servizos públicos que funcionen con normalidade
  • Mantemento, seguridade e sentido común

E se falamos de enchufismo e trato de favor, hai situacións que tamén merecen explicacións.
Un exemplo grave é o que acontece na M-30 de Buño, unha estrada cunha limitación de 5 toneladas nun extremo, mentres na outra punta desapareceu a sinalización, permitindo que na práctica se incumra a norma “de punto a punto” sen control ningún.

A pregunta é clara:
De verdade esta é a prioridade de Malpica?
Unha glorieta de 330.000 euros mentres o concello cae a anacos?

Malpica non necesita máis obras de escaparate.
Precisa xestión, mantemento, servizos, transparencia e respecto polos cartos públicos.
Porque gobernar non é facer propaganda.
Gobernar é resolver os problemas reais da xente.