O Concello de Mazaricos avanza na reparación de pistas agrícolas en Grille tras o inverno

O Concello de Mazaricos continúa coa posta a punto das infraestruturas municipais afectadas polas condicións meteorolóxicas dos últimos meses. Nesta ocasión, os traballos centráronse na parroquia de Grille, onde se está a levar a cabo a reparación de varias pistas e camiños agrícolas.

Estas actuacións teñen como obxectivo mellorar o estado dos accesos empregados a diario polos veciños e veciñas, así como facilitar o desenvolvemento das labores agrarias e gandeiras, fundamentais para a actividade económica e social do municipio.

Desde o goberno local destacan a importancia de manter en boas condicións a rede viaria municipal, especialmente nas zonas rurais, onde este tipo de infraestruturas resulta esencial para o traballo no campo e para a conexión entre núcleos.

O Concello sinala que estes traballos forman parte das actuacións de conservación e mantemento que se están a desenvolver en distintos puntos do termo municipal, co propósito de preparar o municipio para as próximas campañas de maior actividade no sector primario.

Con estas intervencións, Mazaricos continúa avanzando na mellora dos servizos e das infraestruturas básicas no rural.