
O Concello de Zas vén de poñer en marcha unha nova campaña de limpeza das beirarrúas en todo o municipio, co obxectivo de mellorar o estado dos espazos públicos e garantir unha contorna máis limpa e coidada para toda a veciñanza.
Os traballos comezaron en Baio, concretamente na zona da Cacharoza, e continuarán nos próximos días pola contorna da igrexa, avanzando progresivamente ata chegar ao centro da vila nas vindeiras semanas.
Desde o Concello solicítase a colaboración da cidadanía para facilitar o desenvolvemento destas tarefas, respectando en todo momento a sinalización temporal que indicará a prohibición de aparcar nas zonas e nos horarios nos que se estea a realizar a limpeza.
O goberno local lembra que a implicación da veciñanza é fundamental para manter en bo estado os espazos comúns e contribuír entre todos e todas a un municipio máis limpo, ordenado e agradable.