O entorno do alcalde de Santa Comba volve cruzar os límites da política con ataques persoais e polémica social

O ambiente político en Santa Comba suma un novo episodio de tensión tras a difusión de publicacións nas que o entorno do alcalde volve ser sinalado por traspasar os límites da confrontación política e entrar no terreo persoal.

Diversas voces denuncian que, unha vez máis, se empregaron as redes sociaís para lanzar mensaxes considerados ofensivos, con referencias a familias coñecidas da localidade e incluso a persoas xa falecidas, algo que foi cualificado como unha falta de respecto grave e innecesaria.

Segundo estas denuncias, non se trata dun feito illado. En anteriores ocasións, persoas vinculadas a este medio e á súa familia xa terían sido obxecto de ataques similares, incluíndo a difusión de imaxes privadas, comentarios ofensivos e acusacións sen probar que poderían vulnerar dereitos fundamentais como a privacidade e a honra.

O contido máis recente céntrase na historia e titularidade de determinados terreos e inmobles do municipio, ofrecendo unha versión que, segundo as persoas afectadas, resulta parcial e inexacta. Fronte a iso, estas fontes defenden que os feitos son claros: existían propiedades privadas, negocios históricos e camiños públicos que continúan mantendo esa condición, sen responsabilidade ningunha por parte das familias mencionadas.

Este tipo de publicacións, aseguran, buscan máis a confrontación e o desgaste persoal que o debate político real, alimentando un clima de crispación nun municipio que xa leva anos marcado pola polémica institucional e as críticas cruzadas. De feito, o goberno local leva tempo no foco mediático por diferentes controversias políticas e económicas, con críticas públicas á súa xestión por parte da oposición
.

Por agora, non consta resposta oficial por parte do entorno político sinalado nin tampouco aclaracións públicas sobre o contido difundido, mentres crece o malestar entre veciños que reclaman máis responsabilidade e menos ataques persoais na vida pública local. Para matar a frustración se quieren falar de algo poden falar do que quemou a nave da Pereira , do que andaba de camello polos pubs de Santa Comba e o que foi a Santiago a sacar o FP porque Santa Comba estaba a cousa moi difícil.