
O Concello de Mazaricos vén de iniciar os traballos de limpeza e acondicionamento dos camiños que levan ás nosas fervenzas, co obxectivo de mellorar a seguridade e facilitar o acceso da veciñanza e das persoas visitantes.
Estas actuacións permitirán contar con percorridos máis cómodos, seguros e accesibles, contribuíndo ao mesmo tempo á conservación e posta en valor dun dos nosos espazos naturais máis emblemáticos.
Coidar do noso patrimonio natural é tamén coidar da nosa identidade e do que somos como pobo.






