Un home perde a vida tras caer ao río ao seu paso por Dumbría

Un tráxico incidente acabou esta tarde coa vida dun home na parroquia de Olveiroa, no concello de Dumbría, tras caer á canle do río.

O operativo de rescate activouse de xeito inmediato ás 18:10 horas tras recibirse no 112 Galicia a chamada dun particular, quen alertaba da caída e indicaba que, polos signos que presentaba, a persoa podería estar xa falecida. Desde a sala de operacións do Centro de Atención ás Emerxencias, informourse con urxencia ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Malia a rápida mobilización dos recursos, os equipos de emerxencia desprazados ao lugar só puideron confirmar o falecemento do home.