
O Concello de Laxe vén de finalizar as obras de mellora da Praza do Areal, unha actuación incluída no programa POS+ 2025 da Deputación da Coruña.
O proxecto contou cun investimento de 41.134,99 euros e permitiu renovar este espazo público, incrementando a súa funcionalidade, accesibilidade e imaxe para o conxunto da veciñanza.
Con esta intervención, o Concello dá un novo paso no seu compromiso coa posta en valor dos espazos públicos, apostando por entornos máis agradables, accesibles e adaptados ás necesidades da cidadanía.
Desde o goberno local sinalan que seguirán traballando nesta liña para mellorar a calidade de vida da veciñanza e o día a día no municipio.








