Mellora dunha pista agrícola en Liñares 🚜

O Concello da Mazaricos continúa a avanzar na recuperación e mellora das infraestruturas municipais, cunha nova actuación na parroquia de Liñares.

Nesta ocasión, levouse a cabo o acondicionamento dunha pista agrícola, unha intervención necesaria para garantir o correcto tránsito da maquinaria do sector primario, que dá emprego a máis de 500 persoas en Mazaricos.

Tras un inverno especialmente duro, marcado polos temporais, o Concello segue a traballar de xeito progresivo na recuperación de camiños e pistas rurais. O obxectivo é deixar o territorio preparado para afrontar as intensas campañas de traballo que se achegan nos vindeiros meses.

O Concello de Mazaricos reafirma así o seu compromiso coa mellora continua das infraestruturas e co apoio ao sector primario, clave para o desenvolvemento económico do rural.