
A Brigada de Obras do Concello de Muros vén de executar traballos de formigonado na parroquia de Esteiro, concretamente no tramo de acceso á estrada que conecta A Agreira con Trión.
Segundo explicou a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, a actuación era necesaria debido ao mal estado da vía: “Trátase dun tramo que presentaba importantes deficiencias porque brota moita auga, o que afectaba á súa conservación e á seguridade da circulación”.
Pola súa banda, a alcaldesa, María Lago, destacou que esta intervención se enmarca na liña de actuación do goberno local: “Seguimos avanzando no noso plan de mellora continua da rede de camiños e viais nas parroquias de Muros, atendendo ás demandas da veciñanza e reforzando as infraestruturas públicas”.
Con esta obra, o Concello busca garantir mellores condicións de tránsito e maior seguridade para os usuarios desta vía.