Reapertura do Polideportivo Municipal de Baiñas tras as obras de mellora

O Concello de Vimianzo continúa avanzando no seu compromiso coa mellora das infraestruturas municipais, garantindo espazos máis seguros e funcionais para a veciñanza.

Neste contexto, infórmase da reapertura do Polideportivo Municipal de Baiñas, unha vez finalizadas as obras de reparación realizadas nas instalacións. A partir de mañá, venres 24, o pavillón volverá estar plenamente operativo e dispoñible tanto para o alumnado do CEIP de Baiñas como para o conxunto das persoas usuarias.

Estas actuacións permitiron acondicionar o espazo, mellorando as súas condicións e asegurando o seu correcto uso para a práctica deportiva e outras actividades. Deste xeito, o Concello reafirma a súa aposta por fomentar hábitos saudables e promover o deporte entre a cidadanía.

O polideportivo retoma así a súa actividade habitual, converténdose de novo nun punto de encontro para o lecer e a actividade física en Baiñas 🏀🤾‍♀️.