Obradoiros de Barro en Malpica para os nenos

O Concello de Malpica de Bergantiños, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza este verán obradoiros gratuítos de barro dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no Ecomuseo Forno do Forte.

As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto, de martes a venres, en horario de 16.30 a 18.30 horas. Non é precisa inscrición previa, pero os menores deberán acudir acompañados dun adulto.

A iniciativa, que se enmarca no programa “Malpica Verán 2025”, pretende achegar aos máis novos á tradición oleira, promovendo o coñecemento e a creatividade a través do barro.