Que facer este verán en Ponteceso

Dende xullo ata setembro contaremos cun amplo e variado abano de actividades culturais e deportivas.

Estes tres meses das vacacións estivais, poderás iniciarte ao pádel, aprender a bailar, montar en kayak e facer paddle surf, gozar do ciclo de cine e moito máis.

O período de inscripción abrirá o 25 de xuño ás 9:00 h, poderás inscribirte nas que máis che interesen. Para facelo só tes que ir á sede electrónica do Concello ou acudir presencialmente aos departamentos de Cultura e Deportes.

Para máis información dispós dos teléfonos de Cultura, 📞 630 907 124, e de Deportes, 📞 616 485 520.