A actividade ‘Durmindo con tiburóns’ volve ao Aquarium Finisterrae con dúas novas sesións entre outubro e novembro

O Concello colabora coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias na organización da actividade ‘Durmindo con tiburóns‘, concibida para que nenas e nenos de 10 e 11 anos participen en obradoiros sobre a bioloxía dos tiburóns, ademais de durmir na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae rodeados de peixes. 

Convocaranse dúas sesións para os meses de outubro e novembro, dirixidas a rapazas e rapaces nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2015. En cada sesión convocaranse un máximo de 20 prazas, e desenvolveranse nun horario que vai desde as 20.00 horas do venres ata as 11.00 horas do sábado seguinte.

preinscrición para as dúas sesións previstas, que terán lugar nas noites do 24 ao 25 de outubro e do 28 ao 29 de novembro, abrirase en liña ás 9.00 horas do vindeiro luns 6 de outubro, a través deste formulario.

Terán preferencia os nenos e nenas que non acudiron con anterioridade a esta actividade. O prezo da actividade é de 45 euros. No caso das nenas e nenos membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias o prezo é de 20 euros.

Cada participante empregará o seu saco de durmir, esteira e neceser para o aseo persoal, e deberá levar a súa propia comida e utensilios.